O TEMPLO
A igrexa de Santa María é o templo máis destacado da cidade e un sinal de identidade para os ilicitanos. Ocupa o mesmo terreo que a primitiva mesquita da vila musulmá. Foi dedicada ao Tránsito da Virxe despois da conquista de Xaime I, en 1265. Derrubada en 1334, levantouse un templo gótico ao que seguiu en 1492 outro renacentista, que durou ata 1672. O edificio actual, de estilo barroco, iniciouse un ano despois e foi consagrado en 1784 cando se rematou a súa Capela da Comuñón, xa neoclásica. Destaca a intervención do escultor Nicolás de Bussy, autor da magnífica Portada Maior (1682), exemplo singular do barroco valenciano, e da de santo Agatángelo (1680). Tamén destaca o tabernáculo do Altar Maior do século XVIII, deseñado por Jaume Bort. Santa María foi elevada á dignidade de Insigne en 1789 polo bispo de Orihuela, José Tormo, e á de Basílica Menor en 1951, pola S.S. Pío XII. O papa Urbano VIII concedeulle en 1632 o privilexio, único na orbe católica, de poder escenificar no seu interior o Misterio da Asunción de María, o Misterio de Elx, Patrimonio da Humanidade.
Toda casa de comunidade –igrexa- indícanos quen somos e que celebramos. A comunidade congrégase arredor de Cristo, que nos ensina a “adorar a Deus en espírito e verdade” (Xn 4, 23-24). Non é o edificio o que máis conta, senón a comunidade de persoas crentes, templos do Espírito Santo, pedras vivas coas que se constrúe a igrexa.
A nosa basílica, coma todas as igrexas, é a oración feita pedra ou a teoloxía feita arquitectura. Aquí late dun modo especial o corazón da cidade, pois veneramos a María, a nai de Deus, no misterio da súa asunción ao ceo, a Virxe da Asunción, e por ela perdurou ese outro gran monumento que é unha conxunción de relixiosidade, música, expresión plástica, alegría e fe: o Misterio de Elx.
HORARIOS
Insigne Basílica de Santa María:
De luns a domingo: de 7:30 a 12:30 h e de 17:30 a 21:00 h
Visitas guiadas atendidas por voluntarios 615 33 78 21
Para grupos, recoméndase concertar visita no teléfono
615 33 78 21
Despacho parroquial: tfno.: 965452393. Martes, de 18:00 a 19:30 h
Mércores, xoves e venres, de 11:00 a 13:30 h
A TORRE CAMPANARIO
Cunha elevación de corenta metros, superada mediante cento setenta chanzos, o acceso á torre campanario permite obter a mellor vista panorámica da cidade rodeada de palmeiras, que foron declaradas Patrimonio de la Humanidade no 2000.
A impresión que lle causou tal visión ao rei Amadeo I en 1871 fixo que lle outorgara a Elx o título de cidade. De planta cadrada, con tres tramos e tres estancias ocupadas con fotografías e explicacións do templo, sostén as catro campás da basílica construídas nos séculos XVII y XVIII e os seus nomes, de menor a maior, son: Ave María, Bárbara (refundida en 1984), Dijuny ou do Xaxún e María da Asunción. Estas campás, ademais de chamar aos cultos parroquiais, interveñen no Misterio para enfatizar as aperturas do ceo e o momento culminante da coroación da Virxe. Desde o alto desta torre é lanzada á media noite do 13 de agosto unha gran palmeira de fogos artificiais, chamada a «palmeira da Virxe», que culmina a «Nit de l’Albà», acto festivo que inicia tradicionalmente a celebración asuncionista ilicitana.
“O campanario e as campás teñen un significado espiritual. As campás convócannos á misa, á oración, á lembranza dos defuntos e á alegría da festa, ás vésperas de celebracións ou á chegada de grandes acontecementos eclesiais e sociais.
Convocan á vila, sinalan o transcendente coa altura da torre e co son dos seus toques. As voltas das campás cristiás fálannos da transcendencia da vida e da dirección vertical da nosa historia.”
Torre Campanario
Praza de Santa María, s/n – Tfno.: 615337821
De luns a domingo: de 10:30 a 15:00 h
Xuño, xullo, agosto, setembro: de 10:00 a 19:00 h.
Donativos: adultos, 2€. Nenos 1 €
www.campanariomiradorelche.com
Facebook campanarioelche
Whatsaap 615 33 78 21
O MUSEO DA VIRXE
Ao longo da historia, os ilicitanos materializaron a devoción cara a súa patroa, a Virxe da Asunción, en obras de gran valor que serven para ornamentar a súa figura ou capela ou están relacionadas cos seus cultos. Documentos, pinturas, tallas, pezas de ourivaría e un excepcional conxunto de téxtiles e bordados permítennos aproximarnos á imaxe ilicitana e ás súas principais celebracións.
O Museo da Virxe ofrece un percorrido rigoroso e ameno a través destas pezas de arte relixiosa, datadas entre os séculos XVI e XX. A rotación periódica destas, seguindo o calendario litúrxico anual, permite que a exposición permaneza sempre viva. Destacan os mantos doados no século XVIII, así como unha coroa e un copón do ourive Fernando Martínez da mesma época. Tamén a cama de ébano e prata, magnífica mostra da ourivaría portuguesa do século XVII, na que se expón a imaxe da Virxe á veneración dos seus fieis na Oitava da Asunción. Procedente do arquivo parroquial, o testamento de Isabel Caro de 1523 móstranos a primeira referencia ao Misterio de Elx.
Museo da Virxe da Asunción, patroa de Elx (MUVAPE)
Praza Santa Isabel, 6 – Tfno.: 965455661
De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 h e de 15:00 a 18:00 h
Domingos e festivos: de 10:00 a 14:00 h.
Donativos: adultos, 2€. Nenos 1 €